Ferreiros

 

Inicio

     Trátase da "villa do ferreiro" que aparece nos documentos do tumbo de Samos. A súa toponimia non deixa lugar a dúbidas.

     No barrete da Cima de Vila, xusto ó final da aldea, virase á esquerda e chégase á igrexa.

     Igrexa: San Salvador de Ferreiros, con restos románicos do século XII e partes do século XVII. O templo é da nave e ábsida rectangular, porta con arco de medi punto que oculta o tímpano, cazorros xeométricos e ocultos con figuras. No interior conserva pinturas e murais que representan a Anunciación, que poden ser do século XV ou principios do XVI.

     Cofraría de san Brais, da que hai documentación dende o ano 1723 e as Confreirias do Santisimo, san Sebastián e santa Lucía.

 

     Casa de Díaz: Conserva un escudo, edificio contiguo ó templo cunha inscrición do ano 1788 sobre a que aparece unha cruz e unha lenda na parte posterior que reza: Francisco Gil. Un pombal destaca na casa de enfronte que semella que foi a rectoral. As dúas casas puideron pertenecer ó igrexario.

     O mosteiro. Cenobio feminino pertenece á Orde de San Xoán de Hospital, en cuia lembranza queda a igrexa parroquial de san Salvador, do arciprestádego de Santalla do Rei. Entre as xentes do lugar perdura a tradicion do mosteiro.

     O 18 de abril de 1181 Elvira Fernández fai doazón dunha parte do mosteiro de Ferreiros á Orde dos Hospitalarios de San Xoán Martín Pérez ofrece no ano 1249 á igrexa de Santa María de Lugo e ó seu bispo o dereito de Padroado que lle pertenece en San salvador de Ferreiros, en Satisfacción ó sacrilexio que cometeu ó violar a igrexa de Lóuzara.

     Festas Celébrase o san Brais o dia 3 de febreiro e o ECCEHOMO, como no cercano Rubián no mes de agosto.

 

 

 

 

 

     Os ferreiros e as fraguas: A tradición recolle o oficio de ferreiro da época preindustrial que deu nome á aldea. O oficio de ferreiro é un dos máis vellos na historia de Galicia xa que aparece na época castrexa. A función primitiva do ferreiro era fundamentalmente utilitaría, aínda que máis tarde se utilizou para traballos artisticos entre os que destacaron reixas para igraxas, farolas, lámparas etc. Esta parte do concello da Pobra do Brollón é unha das que recolle unha maior raigaña de ferreiros, sobrasaíndo polos seus labores de forxa.

 


Os ferreiros foron famosos en toda a montaña, facían ferramentas na forxa e aínda as fan Arturo ferrador e Manuel da Casa Lala.

     Tamén houbo ferradores, que non é o mesmo que ferreiro. Os ferradores axustaban as feraduras dos cabalos co martelo de ferreiro e co bigornio.. A bigornia era unha especie de engra. Xa se sabe: con ferradura ou sen ela, ten coidado da túa mula.

     Tecedeira de Ferreiros: En Ferreiros tamén houbo tercedeiras. Amparo da Casa Bonifacio e Aurea da Casa Emiliano explican ós viaxeiros: "O liño produciase en cantidade, en case todas as casas houbo tecedeiras".

     A lembranza dun virtuoso do violin, O cego de Ferreiros, que ensinou a toda unha saga de músicos.

     Un gaiteiro: En ferreiros os viaxeiros visitan o famoso Gaiteiro de Ferreiros, o señor Xosé Parada Aira, que foi membro do grupo gaiteiros o Veltas. Xosé é neto do chamado Cego de Ferreiros, que era un virtuoso do violín, a gaita e outro instrumentos e ensinou a toca ós seus fillos e netos.

     Os gaiteiros de Ferreiros. O grupo formárono Arturo Parada Pombo, que era o pai de Xosé, coas súas irmás Antonia, carme e Consolo. O grupo familiar coñoceuse como Os Gaiteiros de Ferreiros. Mais tarde as mulleres da familia deixaron os instrumentos polos labores da casa e Arturo formou un novo grupo co nome de Os Veltas.

     Os velta: formado por Juanito de Vilar de Peras, Pepe do Zorro, Xoán de Brustelo e o porpio Arturo Parada, ó que se uniu Xosé. Entre outras cousas tocaban o "vals dos ferreiros", famoso nos anos 50.

     Dende a igrexa de ferreiros os viaxeiros pasan pola aldea e volven a Ferreirúa onde retornan a Pobra do Brollón.   

Bibliografía Guia de Pobra do Brollón.